Google lanza un adaptador Ethernet para Chromecast

mércores, 8 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O Chromecast, grazas ao seu potencial e ao seu prezo axustado, conseguiu converterse nun accesorio de grande sona para levar contidos da Rede ao televisor, pero en moitos contornos domésticos ten un grande problema por culpa da súa dependencia da conectividade Wi-Fi, que non sempre é todo o boa que debera alí onde está o noso televisor, e pensando niso na tenda en liña de Google veñen de introducir un adaptador Ethernet para Chromecast, que nos EE.UU. apareceu a un prezo de 15 dólares, e que é de agardar que en breve estea tamén dispoñible dende España.
Esta solución é moi doada de instalar, xa que consiste nun adaptador de corrente USB para alimentar o Chromecast que integra unha toma Fast Ethernet na que colocar un cable dende o noso router ou de calquera outra toma da nosa rede local (por exemplo, un extensor PLC ou un receptor de televisión por cable con toma de rede de datos) de xeito que o Chromecast xa tería conexión á Rede aínda que o sinal Wi-Fi chegase con pouca potencia.

JPEG - 101.1 KB
O adaptador de corrente inclúe unha toma Fast Ethernet para que o Chromecast poida acceder á Rede aínda que conte cunha mala cobertura de Wi-Fi

PUBLICIDADE