Google lembra o 50º aniversario da chegada á lúa

venres, 19 de xullo do 2019 Marcus Fernández

Este sábado cúmprense 50 anos da chegada do home á lúa, e para celebrar este acontecemento histórico Google dedícalle hoxe o seu doodle, que presenta un vídeo no que resumen a misión do Apollo 11 da man de Michael Collins, piloto do módulo de mando, que acompañou a Neil Armstrong e Buzz Aldrin na misión que levou a pisar a superficie da lúa.
Para a creación deste doodle dende Google contaron co apoio da NASA, para conseguir unha representación o máis fiel posible da misión do Apollo, buscando así tamén dar visibilidade a feitos como que tal proxecto contou con máis de 400.000 traballadores ao longo da súa vida.

Vídeo que acompaña ao doodle de hoxe

PUBLICIDADE