Google leva a publicidade ás aplicacións móbiles

xoves, 25 de xuño do 2009

O emerxente e xa importante mercado das aplicacións para dispositivos móbiles levou a Google a anunciar a apertura dunha versión de proba da súa plataforma publicitaria AdSense pensando nas mesmas, de xeito que os programas do iPhone ou de terminais con Android poderán incluír pequenos elementos publicitarios, rendibilizando así as súas creacións.
Polo momento o número de compañías aceptadas dentro destas probas será limitado, podendo os interesados solicitar a súa adhesión ao novo servizo.

PUBLICIDADE