Google pagará 965 millóns de euros por evasión fiscal en Francia

venres, 13 de setembro do 2019 Marcus Fernández

Sebastien Missoffe, director xeral de Google en Francia, nun obradoiro dixital

Os xigantes da Internet abusan en moitas ocasións de prácticas financeiras moi discutibles, e ante unha investigación por fraude fiscal Google vén de pechar en Francia un acordo coas autoridades fiscais por un valor total de 965 millóns de euros a cambio de resolver todas as demandas pendentes (sen recoñecer culpabilidade por evasión de impostos).
As autoridades francesas realizaran un rexistro nas oficinas centrais de Google en maio de 2016, conseguindo numerosa información coa que pretendían demostrar que grazas a un xogo de facturación en Irlanda e transferencia de ganancias o buscador conseguira pagar poucos impostos sobre os beneficios conseguidos no territorio francés.
Ao parecer, a cantidade acordada sería bastante inferior ao que correspondería á sanción que tería que confrontar Google pola vía xudicial, pero deste xeito evítase un longo xuízo.

PUBLICIDADE