Google parece deixar de lado ás tabletas con Android

venres, 1 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Até hai pouco en Android.com había un apartado dedicado especificamente a tabletas

Historicamente as tabletas foron un dos grandes puntos febles de Android, non por ter malas prestacións de hardware (xa que houbo modelos realmente potentes) senón pola ausencia de aplicacións adaptadas ao tamaño maior das pantallas das tabletas, de xeito que moitas das principais aplicacións móbiles ofrecían unha experiencia de uso realmente mala, facendo que pouco a pouco as tabletas con Android pasase a converterse principalmente en dispositivos para o consumo audiovisual ou para xogos, empregados en grande medida por cativos que aínda non teñen smartphone.
Esta situación non resulta allea a Google, que non só despois de vender tabletas da súa marca con Android, senón que agora tamén eliminou o apartado de tabletas na páxina web oficial de Android, dando a entender que non confían en absoluto en Android en tabletas, preferindo que para tal formato de dispositivo a opción imperante sexa ChromeOS (que tamén pode correr aplicacións para Android).

PUBLICIDADE