Google permite empregar o iPhone como chave de seguridade

mércores, 15 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Para evitar o roubo de contas de usuario dende Google recomendan o uso de chaves físicas que complementen aos nosos contrasinais, para o que hai uns meses engadiron a posibilidade de empregar móbiles con Android a xeito de chave, e agora actualizan a aplicación para iOS Google Smart Lock para poder converter o iPhone nunha chave de seguridade que empregar como segundo factor de protección en contas de Google.
Esta nova funcionalidade permite que, se activamos a identificación de dos factores en Google, tras introducir o noso usuario e contrasinal nun ordenador, recibamos a solicitude dunha chave de seguridade, para o que teriamos que abrir a aplicación no móbil e confirmar que somos nós os que estamos a identificarnos nos equipo. Para que funcione esta prestación é preciso que o ordenador e o smartphone teñan o Bluetooth activado, xa que a notificación de identificación realízase aos dispositivos que estean máis preto do ordenador no que queremos empregar a nosa conta de Google.

PUBLICIDADE