Google presenta Gemini 2.0
mércores, 11 de decembro do 2024
Google anunciou hoxe Gemini 2.0 , o seu modelo de intelixencia artificial máis capaz até o momento, deseñado para o que consideran que é a era dos axentes de IA. Gemini 2.0 ten novas capacidades, como a saÃda multimodal con xeración de imaxes nativa e saÃda de audio, e o uso nativo de ferramentas como o buscador de Google e Google Maps.
Tamén están a lanzar unha versión experimental de Gemini 2.0 Flash, o seu modelo de traballo de baixa latencia e rendemento mellorado. Os desenvolvedores poden comezar a construÃr con este modelo na API de Gemini a través de Google AI Studio e Vertex AI. E os usuarios de Gemini e Gemini Advanced a nivel mundial poden probar unha versión optimizada de chat de Gemini 2.0 seleccionándoa no menú do modelo na versión de escritorio (para a aplicación móbil aÃnda tardará un chisco en chegar).
Detallan que están a usar Gemini 2.0 en novos prototipos de investigación, incluÃndo Project Astra, que explora as futuras capacidades dun asistente de IA universal; Project Mariner, un prototipo inicial capaz de tomar accións en Chrome como unha extensión experimental; e Jules, un axente de código alimentado por IA experimental. Estes desenvolvementos vanse realizando de xeito gradual, xa que a compañÃa de Mountain View continúa a dar prioridade á seguridade e á responsabilidade con estes proxectos, de aà que os probasen en colaboración con desenvolvedores de confianza.
Esta semana, iniciarán as probas de Gemini 2.0 dentro do buscador de Google, e a primeiros do ano que vén expandirán Gemini 2.0 a máis produtos de Google.
VÃdeo promocional de Gemini 2.0