Google presenta hardware para Hangouts Meet
martes, 31 de outubro do 2017
Para poder organizar xuntanzas de traballo en liña de xeito
profesional existe unha evolución dos Hangouts de Google chamada Hangouts Meet, e para achegar
esta solucións ás empresas anuncian hoxe hardware destinado especificamente ao
servizo, que consiste nun lote que consiste nun equipo Asus Chromebox cun
controlador de pantalla táctil, un micrófono-altofalante e unha cámara con
sensor de ultra alta definición.
Esta solución permite que os usuarios poidan unirse a xuntanzas fixadas no
Calendario ou ver os detalles dunha reunión cun único toque na pantalla. Tamén
fai moi doada a selección ou o silenciado de membros da xuntanza, controlar a
cámara... en definitiva, administrar os encontros dun xeito doado e, os
clientes da edición corporativa da G Suite poden gravar as xuntanzas en Google Drive.
A proposta de Google permite conectar até 5 micrófono-altofalantes a través dun
único cable (o que resulta moi práctico para grandes salas de reunións), a
cámara incluÃda ten un campo de visión de 120 graos (facilitando que se poida
ver da todas as persoas que estean na mesa, incluso en espazos bastante reducidos,
detectando a cámara os participantes e achegando a imaxe aos mesmos durante as
súas intervencións), e todo isto funcionado baixo Chrome OS (o que facilita
enormemente a súa xestión, xa que os administradores de sistemas poden
controlalos con grande facilidade).
Esta solución de hardware porase á venda hoxe mesmo a un prezo de 1.999
dólares, aÃnda que a súa dispoñibilidade será bastante limitada xeograficamente
(progresando paulatinamente).