Google presenta o Pixel 8a
martes, 7 de maio do 2024
O móbil de entrada da familia Pixel de Google renóvase, e xa temos aquà o novo Google Pixel 8a en 4 cores (aloe, celeste, porcelana e obsidiana) e un prezo de 549 euros para a versión con 128 GB de almacenamento e de 609 euros para a versión de 609 euros, o que poderÃa parecer unha magnÃfica proposta para a gama media se non fose porque o Pixel 8, cun prezo oficial de 799 euros, podÃa atoparse hai poucos dÃas a 599 euros, converténdose nunha compra máis intelixente.
O Pixel 8a presume de estar equipado cun procesador Tensor G3 e as ultimas funcións de intelixencia artificial de Google (como Gemini, o borrador máxico de audio ou a función de escolla da mellor toma nas fotografÃas), e fronte ao Pixel 7a diferénciase principalmente por unha pantalla un 40% máis brillante e cunha velocidade de refresco de 120 Hz, asà como con maior variedade de cores na súa carcasa, podendo considerar que estamos ante unha actualización continuista.
Estes novos móbiles veñen cunha cámara principal de 64 MpÃxeles, unha cámara ultra grande angular de 13 MpÃxeles e unha cámara frontal de 13 MÃxeles, prometendo todas estas cámaras imaxes e vÃdeos excelentes, grazas principalmente ao bo procesado de imaxe que fai o software de Google. Tamén resulta de agradecer que Google prometa até 7 anos de actualizacións deste dispositivo, polo que é unha boa compra para quen desexe ter o mesmo móbil a longo prazo.
Cómpre salientar que con este lanzamento Google aproveita para traer a España a Pixel Tablet a un prezo de 499/619 euros con 128/256 GB de almacenamento. Ambos produtos comezarán a entregarse aos compradores o vindeiro dÃa 14.
VÃdeo promocional do Pixel 8a