Google publica o código do que sairá o seu sistema operativo para ordenadores ultraportátiles

xoves, 19 de novembro do 2009 Marcus Fernández

No verán dende Google anunciaron que estaban a traballar no seu propio sistema operativo para equipos ultraportátiles e de baixas prestacións pensando nun uso intensivo da web, e adiantándose ao seu lanzamento en 2010 publican o código do proxecto coma Chromium OS, que son os alicerces sobre os que construirán o Google Chrome OS en colaboración con partners, desenvolvedores e a comunidade de código aberto.
Actualmente o Chromium OS inclúe a base do código actual do novo futuro sistema operativo, experimentos coa súa interface de usuario e algúns deseños iniciais aínda por desenvolver, polo que poderiamos consideralo un borrador do que será o Chrome OS, que estará baseado principalmente en aplicacións web que funcionarán coma parcelas de código o que debería contribuír a unha grande seguridade do sistema fronte a ameazas de seguridade.
Dende Google insisten en que o Google Chrome OS non estará listo ata o ano que vén por estas datas, e sorprenden ao anunciar que existirán ordenadores ultraportátiles con Chrome OS preinstalado, dando a entender que o soporte de hardware do novo sistema operativo será limitado e non pretende competir directamente con Windows.


Explicación sobre o que é o Google Chrome OS


Conceptos sobre cómo podería ser a interface de usuario do Chrome OS


Entre os atractivos deste sistema operativo estaría o seu inicio rápido