Google reforza a súa presenza no Mobile World Congress de Barcelona
xoves, 29 de outubro do 2009
O Mobile World Congress que terá lugar en Barcelona entre os días 15 e 18 de febreiro de 2010 contará coa presenza de Google, compañía que en 2009 tivera unha participación marxinal, e que na vindeira edición traerá ao seu conselleiro delegado, Eric Schmidt, o que supón un drástico cambio por parte da compañía, que podería estar a dar máis importancia ao seu negocio móbil do que agardaban tras o lanzamento de Android.