Google revoluciona as buscas mediante voz
mércores, 18 de xuño do 2025
Google vén de lanzar Search Live, unha nova funcionalidade que permite manter conversas por voz coa busca de Google a través das aplicacións móbiles para Android e iOS. Está dispoñible de momento nos Estados Unidos para os usuarios inscritos no experimento AI Mode de Google Labs.
A novidade permite realizar consultas por voz de xeito fluÃdo e continuar a conversa con novas preguntas sen interromper o fluxo. Por exemplo, podes preguntar «Que podo facer para que un vestido de liño non se engurre na maleta?» e recibirás unha resposta en audio xerada por intelixencia artificial. Podes continuar cunha segunda pregunta, como «E se aÃnda asà se engurra?», sen necesidade de repetir o contexto.
As respostas inclúen ligazóns a contidos relevantes da web e, grazas á funcionalidade de transcrición, tamén se poden consultar en formato textual e seguir a conversa por escrito. Outra das vantaxes é que Search Live funciona en segundo plano, o que permite continuar a conversa mentres se usan outras aplicacións.
Esta ferramenta baséase nunha versión personalizada do modelo Gemini con capacidades avanzadas de voz, integrada cos sistemas de información de Google Search. Ademais, emprega a técnica query fan-out para ofrecer unha maior diversidade de fontes e respostas enriquecidas desde a web.
Os usuarios que activen o modo experimental AI Mode verán unha nova icona baixo a barra de busca para acceder directamente a esta funcionalidade. Google xa anunciou que nas vindeiras semanas incorporará máis capacidades a Search Live, incluÃda a posibilidade de empregar a cámara para facer consultas visuais en tempo real. Polo momento descoñécese cando chegarán estas novas funcións a España.
VÃdeo de demostración de uso da nova función de busca por voz en vivo
