Google segue avanzando na integración da IA nas buscas
mércores, 16 de xullo do 2025
Google deu comezo á despregadura das capacidades máis avanzadas da súa IA no buscador, comezando polos subscritores de Google AI Pro e AI Ultra nos Estados Unidos. Desde esta semana, os usuarios que participen na experiencia experimental de AI Mode en Labs poderán acceder ao modelo Gemini 2.5 Pro e á nova ferramenta Deep Search, deseñada para afondar en buscas complexas con respostas máis completas e fundamentadas.
Gemini 2.5 Pro en AI Mode
A versión máis recente e potente do modelo de linguaxe de Google, Gemini 2.5 Pro, intégrase agora no modo de IA do buscador. Esta versión destaca en tarefas que requiren razoamento avanzado, resolución de problemas matemáticos e programación. Os subscritores poden escoller este modelo desde un menú despregable dentro da pestana de AI Mode. A opción predeterminada segue a ser un modelo máis lixeiro, pensado para respostas rápidas e versátiles.
Investigación profunda con IA
Como complemento, Google tamén estrea Deep Search, unha ferramenta que aproveita as posibilidades de Gemini 2.5 Pro para realizar unha investigación profunda e automatizada. A través desta función, o sistema pode lanzar centos de buscas, sintetizar información de distintas fontes e entregar un informe estruturado e con citas nun tempo reducido. Está especialmente orientado a usuarios que precisen analizar temas complexos por motivos profesionais, educativos ou persoais, como mercar unha vivenda ou facer unha análise financeira detallada.
Chamadas automáticas a negocios locais
Ademais, Google Search incorpora unha nova capacidade axente, mediante a cal a IA pode chamar directamente a negocios locais en nome do usuario. AsÃ, se alguén busca servizos como salóns de peiteado para mascotas ou tinturerÃas, poderá seleccionar a opción Que a IA comprobe os prezos. A ferramenta recollerá datos sobre dispoñibilidade e tarifas e devolverá un resumo coa información consolidada. Esta funcionalidade está dispoñible xa para todos os usuarios en EE.UU., aÃnda que os subscritores Pro e Ultra contan con maiores lÃmites de uso. Os negocios poden controlar a participación nesta función desde o seu Perfil de Empresa.
Google sinala que continuará priorizando aos subscritores Pro e Ultra no acceso ás funcións máis avanzadas de IA, ao tempo que traballa para levar estas capacidades a máis usuarios a nivel global.
