Google trae o Modo IA a España
mércores, 8 de outubro do 2025
O Modo IA de Google leva meses despregándose por distintos paÃses e en distintas linguas, estando dispoñible en español dende o mes pasado, pero non para España (como noutros paÃses da Unión Europea), pero finalmente muda a situación e hoxe anuncian o inicio da despregadura do Modo IA nas buscas de Google en España xunto a moitos outros territorios e idiomas.
Con esta ampliación, a función xa está dispoñible en máis de 200 territorios de todo o mundo, moitos deles en Europa, achegando unha experiencia de busca asistida por intelixencia artificial, asegurando Google que ofrecen a maior capacidade de razoamento, comprensión multimodal e interacción mediante preguntas encadeadas e ligazóns útiles á web que calquera outra plataforma de busca mediante IA.
O Modo IA aparece como un novo botón na páxina de resultados de busca e tamén na aplicación de Google para Android e iOS. O seu obxectivo é axudar a resolver consultas complexas de forma áxil e detallada, empregando os modelos máis recentes da familia Gemini.
Segundo explica a empresa, esta ferramenta resulta especialmente útil para preguntas exploratorias (aquelas que non teñen unha resposta única) ou para tarefas máis elaboradas, como planificar viaxes, buscar información especÃfica ou comprender instrucións técnicas. Os primeiros usuarios fan xa preguntas entre dúas e tres veces máis longas ca nas buscas tradicionais.
O sistema pode mesmo elaborar táboas ou comparacións a partir dunha consulta, como no exemplo «Quero entender os diferentes métodos de preparación de café. Fai unha táboa comparando as diferenzas no sabor, a facilidade de uso e o equipo necesario». A tecnoloxÃa de descomposición de consultas permite segmentar cada pregunta en subtemas e lanzar múltiples buscas simultáneas para ofrecer resultados máis profundos e relevantes.
Outra das súas novidades é o carácter multimodal: o usuario pode formular preguntas por texto, voz ou imaxe, xa sexa mediante o micrófono ou coa cámara do móbil, facendo unha foto ou cargando unha imaxe para pedir explicacións sobre ela.
Google salienta que, malia a evolución da intelixencia artificial, o seu compromiso de facilitar o acceso á información e a puntos de vista diversos segue intacto. A intención de Google é amosar unha resposta xerada por IA sempre que haxa confianza abonda na súa fiabilidade, pero, cando non sexa asÃ, ofreceranse os resultados web habituais.
AÃnda que dende Google insisten en que a súa aposta é positiva para as páxinas web, que reciben clics de maior calidade, numerosos editores están a denunciar que a través da IA está a racharse a relación histórica entre os buscadores e as páxinas web, xa que ao ofrecer os buscadores as respostas que perseguen os usuarios sen levalos en moitos casos ás páxinas web que publican os contidos, está a usurparse o rol das páxinas web en si mesmas, destruÃndo o seu modelo de negocio (baseado en moitos casos na publicidade) e diluÃndo as súas marcas, no que chegan a alcumar como a morte da web.
