Goophone, un smart watch chinés que conta con funcionalidades de teléfono

luns, 11 de novembro do 2013 Marcus Fernández

Aínda que dispositivos como o Pebble e o GALAXY Gear intentan converter os reloxos de pulso en complementos do móbil, algúns fabricantes buscan substituílo directamente, e así temos que xa está aberta a reserva do Goophone Smart Watch, un reloxo de fabricación chinesa que integra funcionalidades de teléfono e que véndese en versións con 2G e 3G a prezos de 249,99 e 299,99 dólares respectivamente (186,77 e 224,12 euros).
O Goophone Smart Watch é un interesante dispositivo con Android 4.0 e acceso a Google Play que funciona cun procesador MediaTek MT6577 de dobre núcleo a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, pantalla táctil de 1,54 polgadas cunha resolución de 240 x 240 píxeles, Wi-Fi N, GPS, Bluetooth, radio FM e cámara de 2 Mpíxeles que pode albergar no seu interior unha tarxetas micro SIM para poder acceder á rede de telefonía. Este curioso produto pesa só 72 gramos, conta cunha autonomía de 48 horas e venderase en cor branca e negra.
Estamos ante un produto que demostra que os smart watches aínda son unha gama de dispositivos sen definir, que poden chegar a ser moito máis que uns complementos do móbil.


O Goophone Smart Watch visto en vídeo