Gradiant, membro fundador da Organización Europea da Ciberseguridade
martes, 5 de xullo do 2016
O Centro
Tecnolóxico Gradiant é membro fundador da Organización Europea da
Ciberseguridade (ECSO). Trátase dunha organización paneuropea
dirixida a fomentar recursos que salvagarden a información e as
canles e acubillos desa información. A entidade está dirixida pola
industria e formada por membros que inclúen grandes empresas
europeas, centros tecnolóxicos como Gradiant, pequenas e medianas
empresas (PEME), novas firmas innovadoras (start-ups),
usuarios e operadores, universidades, agrupacións e asociacións,
asà como organismos dos Estados membros de Europa, administracións
autonómicas e estatais, os paÃses do Espazo Económico Europeo
(EEE) e a Asociación Europea de libre Comercio (AELC); e os paÃses
asociados H2020.
EOS, ACN, GuardTime,
TeleTrusT e SECUNET conforman a súa primeira xunta directiva. O
centro galego Gradiant, en calidade de centro tecnolóxico TIC
referente a nivel español en materia de seguridade tecnolóxica,
forma parte tamén do conxunto de entidades fundadoras de ECSO. O seu
cometido: achegar a súa visión da innovación no eido da seguridade
e a ciberseguridade.
O principal obxectivo de
ECSO é apoiar todo tipo de iniciativas ou proxectos que teñen como
finalidade desenvolver, promover, fomentar a ciberseguridade europea
e, en particular, protexer das ameazas informáticas o mercado único
dixital europeo, desenvolver o mercado da seguridade cibernética en
Europa e impulsar solucións de protección TIC nas aplicacións
sectoriais nas que Europa é lÃder.
Para lograr os devanditos
obxectivos, ECSO leva a cabo medidas concretas como por exemplo
colaborar coa Comisión Europea e as administracións estatais para
promover a investigación e a innovación, favorecer a
competitividade e o crecemento da industria da seguridade cibernética
en Europa a través de innovadoras tecnoloxÃas de seguridade
informática, e promover e axudar na definición e posta en marcha
dunha polÃtica industrial de ciberseguridade que fomente o uso de
solucións de protección informática, etc.
Lembrar que ECSO é unha
asociación sen fins de lucro totalmente autofinanciada (ASBL), e
suxeita ao marco regulamentario belga e europeo.