Gradiant traballa nun proxecto europeo para a mellora do tratamento de feridas crónicas
mércores, 29 de xaneiro do 2025
O Centro Tecnolóxico Gradiant está a traballar no proxecto IcareWounds, unha plataforma dixital de atención integrada que combina Intelixencia Artificial (IA) con tecnoloxÃas de eHealth para mellorar a xestión e tratamento das feridas crónicas de xeito personalizado e eficiente.
Deste xeito, o centro tecnolóxico levou a cabo unha análise exhaustiva dos procesos de coidado en España, Irlanda e Polonia para identificar as mellores prácticas no tratamento de feridas crónicas e deseñar un modelo de atención integrado, escalábel e aplicábel na UE.
Gradiant, que lidera o proxecto IcareWounds, e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), avanzaron nos últimos meses identificando as mellores prácticas no tratamento de feridas crónicas e deseñando un modelo aplicábel na UE co obxectivo de mellorar o tratamento deste tipo de afeccións comúns e de difÃcil curación.
Este proxecto botaba a andar o pasado mes de maio, nel participan o consorcio formado por sete entidades de diferentes paÃses da Unión Europea, e están a traballar no deseño dun modelo de atención estandarizado para a xestión de feridas crónicas, baseado na dixitalización e a IA. Nos primeiros meses, realizouse unha análise exhaustiva dos procesos de coidado en España, Irlanda e Polonia, paÃses que servirán de base para os ensaios clÃnicos. Esta análise permitiu identificar as mellores prácticas no tratamento de feridas crónicas como úlceras por presión e pé diabético, o que levou ao deseño dun modelo de atención integrado, escalábel e aplicábel aos diferentes sistemas de saúde da Unión Europea.
Unha vez establecido o modelo de atención, déronse importantes pasos na creación dunha plataforma dixital que integrará tecnoloxÃa IA. Esta permitirá aos profesionais monitorizar o estado das feridas crónicas, achegando recomendacións personalizadas baseadas nas análises clÃnicas. Grazas á integración de tecnoloxÃas de eHealth, os sanitarios poderán realizar un seguimento máis detallado e eficiente de cada caso, o que facilitará a toma de decisións clÃnicas máis precisas.
Unha das principais innovacións é a personalización do tratamento para cada paciente. A plataforma dixital non só proporcionará recomendacións sobre o tratamento médico das feridas, senón tamén sobre outros factores cruciais para a curación, como a hixiene e a nutrición. Estes aspectos complementarios permitirán aos profesionais da saúde achegar un coidado integral que acelere a recuperación, evitando complicacións e mellorando a calidade de vida dos pacientes.
IcareWounds tamén avanzou na colaboración con profesionais da saúde e grupos de pacientes en España, Irlanda e Polonia para integrar coñecementos clÃnicos valiosos no deseño da solución.
As feridas crónicas representan unha carga significativa de custos e recursos para os sistemas sanitarios, e agárdase que a plataforma dixital acelere as curacións, reduza gastos médicos e melloren a calidade de vida dos pacientes. Asemade, cunha axeitada implementación poderÃanse xerar aforros millonarios para os sistemas de saúde europeos, amais de mellorar a calidade de vida dos e das doentes.