Grand Theft Auto VI lanzarase no outono de 2025
xoves, 16 de maio do 2024
A presentación de resultados económicos de Take-Two Interactive fai balance da situación dos seus distintos estudios de videoxogos e dos seus plans de lanzamento, deixando ver que teñen unha ampla carteira de xogos en desenvolvemento (40 para o perÃodo fiscal 2025-2027) destacando o feito de que para o agardado Grand Theft Auto VI, do que só se sabÃa que verÃa a luz en 2025, figura como previsto para o outono, deixando claro que non queren apresurarse e confórmanse con chegar a tempo para a campaña de Nadal.
O informe dedica un bo espazo á franquÃa de Grand Theft Auto, que superou os 425 millóns de copias vendidas, das que 200 millóns corresponderÃan unicamente a Grand Theft Auto V, o que sitúa a este tÃtulo a un nivel sen precedentes, de aà que haxa tanta expectación pola súa secuela, o que levou a que o tráiler de Grand Theft Auto VI sumase 93 millóns de reproducións en 24 horas (algo nunca conseguido en YouTube por un vÃdeo que non fose musical).
Pero Rockstar Games non se sustenta só en GTA, e tamén destaca que a franquÃa de Red Dead Redemption superou os 89 millóns de copias vendidas (64 millóns correspondentes a Red Dead Redemption 2), e conta con outras marcas valiosas, como Max Payne, que volverá en breve da man de Remedy Entertainment, os seus creadores, que desenvolverán o remake das súas dúas primeiras entregas.
Cómpre lembrar que Take-Two tamén conta con compañÃas como 2K, que trunfa con tÃtulos deportivos como NBA 2K24, asà como con franquÃas como Borderlands, BioShock e Civilization; e incluso teñen a división de xogos móbiles Zynga; o que fai que a empresa estea nunha situación bastante estable a longo prazo, o que non os salva do impacto da actual crise da industria dos videoxogos, levándoa a despedir a máis de 500 traballadores de distintos equipos, asà como a pechar un par de estudios internos.