Grande éxito de reservas da Edición Project Scorpio da Xbox One X
mércores, 23 de agosto do 2017
AÃnda que o feito de que a Xbox One X teña un prezo de
499,99 euros parece un claro freo para que a consola máis potente do mercado
vaia ter unhas boas vendas, os incondicionais da plataforma de xogos de
Microsoft parece ter claro querer facerse con tal máquina, como demostra o
feito de que a edición limitada de lanzamento, a Edición Project Scorpio da
que abriron a reserva co gallo da feira Gamescom de Colonia, estea xa a
esgotar unidades en todo o mundo (pese a que non chegará a mans dos
consumidores ata o 7 de novembro).
Aaron Greenberg anunciou que as
primeiras unidades que se puxeron á venda en Alemaña esgotáronse en menos dunha
hora, para confirmar pouco despois que pasaba o mesmo en EE.UU., SuÃza,
Reino Unido... e mesmo en España xa non quedan unidades na tenda en liña de
Microsoft e nas tendas GAME (que foi a única cadea de establecementos fÃsicos
que polo momento ofrecÃa a consola).
Este grande pulo inicial dá a entender que é probable que Microsoft amplÃe a
produción inicial da consola para atender á demanda e que asà poida lanzarse
unha segunda remesa de consolas para a súa reserva, e que asà os interesados na
mesma poidan ter a edición que amosa externamente que é das primeiras en saÃr á
venda (co gravado de Project Scorpio).
Aparte do gravado identificativo da edición, a Xbox One X que podÃa reservarse
incluirá tamén un soporte para colocar a consola en vertical, que segundo
parece, venderase aparte no resto de edicións.
