Gravity Rush 2 chegará a PS4 o 30 de novembro

martes, 19 de xullo do 2016 Marcus Fernández

O xogo Gravity Rush foi considerado dende o seu lanzamento como un dos títulos que sabían tirar proveito da consola portátil PlayStation Vita, pero ante o fracaso da mesma, e buscando achegar o xogo a un público maior, hai uns meses estreou unha remasterización para PlayStation 4, o que parece que agochaba unha segunda intención, xa que confírmase que o vindeiro 30 de novembro a PS4 contará co xogo Gravity Rush 2, que xa pode reservarse nalgúns establecemento e na PlayStation Store, obtendo os pedidos anticipados como recompensa contidos adicionais (un traxe branco para Kat, un tema de PS4 e a banda sonora escollida polo director).
Para conectar ambas entregas desta saga Sony tamén publicará un anime titulado Gravity Rush The Animation – Overture, desenvolvido polo Studio Khara (responsable de Rebuild of Evangelion).
O novo xogo suporá o retorno das raíñas da gravidade, Kat e Raven, e do expolicía Syd, incorporándose tamén unha chea de personaxes novos, como un anxo da garda que axudará a Kat cando estea en apuros.
O xogo permite variar entre tres estilos sen igual para desbloquear os ataques especiais, facilita lanzar movementos combinados ao loitar xunto a Raven, achega un inmenso mundo aberto e incluso permite competir cos amigos en misións de desafío contrarreloxo e na busca de tesouros.

O xogo volverá a pór o mundo ao revés grazas ao control da gravidade das súas protagonistas

Tráiler no que se confirma a data de lanzamento de Gravity Rush 2

PUBLICIDADE