Gravity Rush 2 sae á venda para PS4
mércores, 18 de xaneiro do 2017
O prometedor xogo Gravity
Rush 2, que estreou
versión de demostración hai preto dun mes, por fin está dispoñible para a
súa compra, de xeito que os
usuarios de PlayStation 4 xa poden facerse con este xogo por 59,99 euros.
Curiosamente non estamos ante unha saga nacida en consolas domésticas, senón
que o primeiro Gravity Rush foi un
dos xogos máis salientables de PS Vita, pero ante o fracaso da portátil de Sony
optouse por facer unha remasterización
para PS4 que mellorase as vendas do xogo e facilitase a súa continuidade.
Nesta ocasión serán Kat e Raven as que terán que facer fronte a vertixinosas
misións, enfrontándose a monstros e outros inimigos e poñendo as leis da
gravidade ao seu favor. Percorrerán escenarios e contornos cheos de vida coa
estética que caracterizou ao xogo orixinal, salpicada de toques de manga e
anime.
Estamos ante un tÃtulo que, ao permitir a manipulación da gravidade, conta cun
sistema de control peculiar, de xeito que tirará proveito dos sensores de
movemento do mando DUALSHOCK 4, algo que poucos xogos fan, o que, xunto con
moitos outros elementos constrúe unha aventura única que brilla especialmente
entre os lanzamentos para PS4 deste mes.
Tráiler de lanzamento de Gravity Rush 2