Gresso Radical R1: un smartphone de titanio que chega dende Rusia

luns, 23 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Grazas ao sistema operativo Android xa é posible ter smartphones funcionais de todas as gamas, entre as que non faltan os móbiles de auténtico luxo, como o Gresso Radical R1, que trátase dun dispositivo con Android 4.1.2, cunha pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, procesador de catro núcleos a 1,2 GHz, cámara de 8 Mpíxeles, 36 Gb de almacenamento interno e a posibilidade de funcionar con 2 tarxetas SIM, que destaca por contar cunha carcasa de titanio na que gravouse a man o logotipo de Gresso e que consegue ser extraordinariamente exclusivo ao ter unha edición de só 999 unidades a un prezo de 55.000 rublos (1.224 euros).
Este elegante terminal tamén está dispoñible en versións co logotipo de Greeso elaborado nunha chapa de ouro (amarelo ou branco) de 18 quilates, o que incrementaría o seu prezo ata os 70.000 rublos (1.558 euros), converténdose nun smartphone aínda máis exclusivo.
Por desgraza, fóra do uso do titanio a nivel de deseño este smartphone non destaca en elementos como o grosor e o peso, factores que non parece coidar moito, pois ten un grosor de 12 milímetros e pesa un excesivos 219 gramos.

O Gresso Radical R1 entrégase nunha elegante caixa con acabado de pel

Vídeo promocional do Gresso Radical R1

PUBLICIDADE