Griffin converte o iPad nun caderno para colorear
venres, 8 de xullo do 2011
Griffin Technologiy chegou a un acordo con Crayola (compañÃa popular pola
comercialización de ceras, lápises de cores e diversos utensilios artÃsticos
principalmente orientados a cativos) para comercializar o Crayola
ColorStudio HD, a combinación dunha stylus dixital iMarker e unha aplicación
para iPad que serven para replicar a experiencia dos cadernos para colorear
na pantalla do tablet de Apple, vendéndose esta
curiosa solución por 29,99 dólares (uns 21 euros).
Co ColorStudio HD os rapaces pode
realizar ilustración, colorear debuxos, realizar animacións e facer uso de
efectos especiais (incluÃndo efectos de son e música). Co iMarker pode
debuxarse na pantalla capacitiva do iPad, facilitando enormemente o uso deste
tipo de solucións, e destacando o feito de que os contidos producidos coa
aplicación poden compartirse co mundo a través de correo electrónico ou de
Facebook.
A aplicación inclúe máis de 30 páxinas para colorear, permite que creemos as
nosas páxinas para colorear e facilita o seu uso como ferramenta de debuxo.
Presentación do Color Studio HD e iMarker