Grok censuraba resultados que acusaban a Trump e Musk de difundir desinformación
martes, 25 de febreiro do 2025
- Grok destaca por non por cancelas a certas peticións, como a xeración de imaxes de celebridades
Na presentación de Grok 3 dende xAI presumÃan de terse colocado en cabeza da carreira pola IA, aÃnda que as probas realizadas posteriormente demostraron que as súas afirmacións estaban lonxe da realidade, quedando aÃnda por detrás de OpenAI non só en capacidades, senón, especialmente, na calidade dos resultados, que non resultaban nada de fiar. E a cousa foi a peor cando se descubriu que Grok agochaba resultados nos que se asociaba a Elon Musk e a Donald Trump coa desinformación.
Cando o principal argumento de Elon Musk para empregar Grok é que se trata dun buscador da verdade e se descubre que o sistema censura os contidos que van contra os intereses do seu propietario, derrúbase o castelo de naipes, e a cousa non parece arranxarse coa explicación que deu o xefe de enxeñarÃa de xAI, Igor Babuschkin, quen asegura que as ordes de censurar os resultados de Grok non partiron de Elon Musk, senón que foron responsabilidade única dun traballador que realizou tal cambio sen preguntar a ninguén, algo que resulta sumamente difÃcil de crer, pois indicarÃa unha ausencia de medidas de seguridade demasiado evidente (especialmente porque se realmente Grok non ten cancelas, o feito de que alguén levantase algunha serÃa extraordinariamente rechamante). Supostamente tras denunciarse a censura dentro de Grok eliminaron as limitacións, devolvendo o sistema ao seu estado habitual, pero mantendo unha grande desconfianza ante as comunicacións públicas de xAI.