Grok está a facilitar a creación sen control de imaxes mediante IA
mércores, 14 de agosto do 2024
Esta semana o modelo de linguaxe de xAI, Grok-2, lanzou a súa beta, permitindo que os subscritores Premium de X teñan acceso anticipado a esta tecnoloxÃa que desta volta sorprendeu ao incluÃr xeración de imaxes, o que xa veñen incluÃndo dende hai moito os seus competidores directos, pero que no caso de Grok-2 fÃxose cunha grande irresponsabilidade, por carecer o sistema de proteccións para evitar usos ilegais ou perigosos, como a creación de imaxes de celebridades (incluÃndo a polÃticos, o que resulta moi problemático nun perÃodo electoral como o que se aproxima nos EE.UU.), o uso de imaxes protexidas polo copyright ou a presentación de elementos perigosos como poderÃa ser o uso de armas ou o consumo de drogas.
Témese que Grok poida converterse nunha ferramenta moi empregada para a divulgación de desinformación en X e noutras plataformas, e como exemplo do descontrol actual sobre Grok dende The Verge aseguran ter xerado con éxito imaxes de Trump cun uniforme nazi, imaxes de policÃas nunha manifestación, fotografÃas con carga sexual de Taylor Swift, famosos consumindo droga ou incluso imaxes de celebridades con armas.
Resulta curioso que Grok rexeite crear imaxes de mulleres espidas, pero que en contraste si permita imaxes de terrorismo e viola con descaro do copyright, polo que, como non tomen medidas rapidamente van atopar un inferno xudicial ás portas de X, do que dificilmente poderán protexerse co argumento da liberdade de expresión (especialmente dende que comezaron a desenvolverse leis para a regulación da IA).
- A xeración de imaxes falsas a través de Grok pode ser moi perigoso de cara ás eleccións presidenciais dos EE.UU.