Guacamelee! chegará este ano a PlayStation 4

luns, 10 de marzo do 2014 Marcus Fernández

O mes pasado o xogo independente Guacamelee! conseguiu certa relevancia por encabezar o Humble Indie Bundle 11, e agora anuncia que o equipo de DrinkBox non estaba precisamente quieto mentres o seu xogo chega a centos de milleiros de novos usuarios, senón que estaba a traballar en levar o seu grande éxito á PlayStation 4 nunha versión do xogo que leva por sobrenome Super Turbo Championship Edition.
O xogo de plataformas no que un loitador deberá empregar os poderes dunha máscara para enfrontarse a un exército de non-mortos, cunha ambientación mexicana e moito humor, sométese agora a unha renovación que suporá a incorporación de novos poderes (como INTENSO para incrementar temporalmente o dano e a velocidade), unha nova clase de inimigos (Elite), ampliouse a historia de Juan e puliuse o sistema de xogo, facendo que o xogo poida chegar este ano á PS4 coa cabeza ben alta.


Un dos novos niveis que teremos na versión para PS4 de Guacamelee!

PUBLICIDADE