Guitar Hero III convértese no primeiro videoxogo en superar os 1.000 millóns de dólares
luns, 12 de xaneiro do 2009A ninguén se lle
escapa que o éxito dos xogos tipo Guitar
Hero no tiña precedentes, non só porque promoven a compra de caros
periféricos, senón porque disparan as vendas de temas musicais descargables
dando lugar a un lucrativo negocio do que Mike Griffith, de Activision, deu
algunhas cifras durante o CES de Las Vegas, anunciando publicamente que Guitar
Hero III: Legends of Rock se converteu no primeiro
xogo da historia en superar os 1.000 millóns de dólares en vendas
dende o seu lanzamento no outono de 2007.
Griffith asegura isto con datos achegados pola consultora Nielsen, e tamén
comenta que as descargas musicais para Guitar
Hero superan actualmente os 21 millóns, o que tamén está a favorecer á
industria musical. Un exemplo deste éxito é o xogo Guitar Hero: Aerosmith, que na súa primeira semana á venda
triplicou as vendas do anterior álbum da formación musical norteamericana.
Dende as tendas de instrumentos musicais tamén aseguran que as vendas de
guitarras eléctricas e amplificadores por parte de usuarios novatos tamén se incrementou
grazas a este tipo de xogos.
Curiosamente nesta época na que o cine, o DVD, os CD, os libros, as revistas e
os xornais están estancados (e mesmo en descenso) a industria dos videoxogos
medrou un 40% en 3 anos, e cada vez se nota máis a pegada desta industria no
resto.