HP comercializará a tecnoloxÃa de telepresenza de Google
luns, 13 de maio do 2024
Hai 3 anos, dentro da Google I/O, a compañÃa de Mountain View presentou Project Starline, unha solución de telepresenza que propoñÃa unha serie de cabinas de videoconferencia nas que os interlocutores vÃanse a través dunhas especie de fiestra máxica con grande realismo, e agora anuncian que están listos para que o proxecto deixe o laboratorio e pase a converterse nun produto comercial coa colaboración de HP.
Esta tecnoloxÃa que permite que amigos, familiares e compañeiros de traballo poidan comunicarse a distancia como se estivesen uns enfronte dos outros en persoa funciona mesturan distintas tecnoloxÃas como a intelixencia artificial e as imaxes 3D, conseguindo asà transmitir a sensación de que a persoa que vemos nunha pantalla pareza estar xunto a nós a través do marco dunha fiestra, e pretenden que xa en 2025 poidamos gozar desta experiencia a través de servizos de videoconferencia existentes como Google Meet e Zoom.
Polo momento non dan detalles de como será o produto comercial final de Project Starline, deixando caer que saberemos todo nos vindeiros meses, pero polo que podemos ver no último vÃdeo promocional podemos entender que estamos ante unha pantalla de grande tamaño empregada conxuntamente cunha cámara web de altas prestacións capaz de captar o volume (probablemente combinando estereoscopia cun sensor LiDAR), o que supón unha considerable mellora con respecto a unha cabina de grandes dimensións.
VÃdeo promocional do Project Starline de Google