HP comeza a vender portátiles con USB 3.0

mércores, 13 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

O HP Envy 15 é o primeiro equipo portátil de HP en incorporar USB 3.0

O ordenador portátil HP Envy 15 xa pode mercarse a través da tenda en liña norteamericana HP Direct incorporando a nova tarxeta gráfica ATI Mobility Radeon HD 5830 (compatible con DirectX 11) e incluso con portos USB 3.0 no caso de configurar o equipo para que inclúa un procesador de catro núcleos Intel Core i7.
HP tamén integrará portos USB 3.0 nos modelos EliteBook 8540p e 8540w nun par de semana, de xeito que os usuarios de equipos de uso empresarial de alta gama tamén poderán facer uso da nova tecnoloxía de comunicación que multiplica por dez a velocidade de transferencia do USB 2.0.

PUBLICIDADE