HP inclúe pantalla táctil en portátiles económicos
xoves, 21 de novembro do 2013
Coa chegada de Windows 8 parecÃa que a interface táctil do
sistema operativo de Microsoft estarÃa destinada só a equipos de alta gama ou a
tablets, pero pouco a pouco vaise popularizando en portátiles ordinarios, e a
propia HP xa incorpora tal tecnoloxÃa nun dos seus equipos de baixo custo, pois
unha das súas versións norteamericanas do HP
Pavilion TouchSmart 10 está á venda por 299 dólares (222,64 euros), o que é
un prezo axustadÃsimo para un equipo coas súas prestacións.
O HP Pavilion TouchSmart 10 que mencionamos ten unha pantalla LED táctil de
10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 polgadas, procesador AMD A4-1200
a 1 GHz, gráfica AMD Radeon HD 8180 con memoria compartida, 2 Gb de RAM, 320 Gb
de disco duro, lector de tarxetas SD, 1 porto USB 3.0, 2 portos USB 2.0, Fast Ethernet,
HDMI, webcam, Wi-Fi N e unha baterÃa de 3 celas que achega unha autonomÃa de
ata 5 horas. O seu grosor é de 22,60 milÃmetros e o seu peso de 1,45
quilogramos, dando a impresión de que estamos ante un equipo que, aparte de
económico, tamén resulta bastante apto para o seu uso en mobilidade. Polo
momento non se sabe cando chegará este equipo ao mercado español.