HP incorpora unha completa webcam nun dos seus novos monitores
luns, 16 de maio do 2022
Nos
últimos meses converteuse nunha tendencia que as cámaras de videoconferencia de
certos equipos inclúan a función de enfoque centrado, ou sexa, que permitan que
o usuario poida moverse manténdose centrado en plano, prestación que agora
introduce HP no seu novo monitor Z24m.
AsÃ, esta pantalla cun panel IPS de 23,8 polgadas, cunha resolución de 2.560 x
1.440 pÃxeles, conta con conectividade USB-C (achegando até 100 watts, o que
permite alimentar a moitos equipos portátiles) e unha webcam de 5 MpÃxeles cun
sensor de infravermellos (compatible co recoñecemento facial de Windows Hello)
e sensor de proximidade.
A cámara integrada no monitor Z24m permite facer un seguimento do usuario cando
se move diante da cámara. Ao contar tamén cun par de micrófonos con cancelación
de ruÃdo e un par de altofalantes de 5 watts, estamos ante un monitor moi interesante
e completo para quen non precise resolución 4K.