HP integrará un tablet con Android na súa nova impresora Photosmart eStation C510
mércores, 8 de setembro do 2010
A primeiros de
agosto falábase da posibilidade de que HP estivese a preparar unha impresora (Zeuz)
que incluirÃa unha pantalla que poderÃa extraerse para utilizarse coma tablet
(Zeen) que finalmente parece que venderanse baixo a denominación de HP
Photosmart eStation C510.
Pese a que HP non pareza estar a dar moita publicidade sobre o detalle, o
tablet desta impresora funcionarÃa co sistema operativo Android 2.1 cunha
interface de uso TouchSmart e sen acceso ao Android Market, pero ao que non lle
faltan aplicacións para facilitar a impresión de imaxes de Facebook, Yahoo ou
Snapfish ou para acceder á tenda de e-books de Barnes & Noble.
Esta interesante impresora de HP sairá á venda a finais de mes, e dá a
impresión de que HP optou por vendela con Android para non demorar a súa
comercialización ata ter dispoñible unha nova versión do sistema operativo
webOS coas mesmas funcionalidades, pero que poderÃa servir de adianto do que HP
buscará conseguir en futuras impresoras.