HP lanza unha pantalla LCD xiratoria de 24 polgadas

martes, 4 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Moitos deseñadores gráficos poderían agradecer que HP lance a súa pantalla w2408, que acada unha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, ou sexa, que soporta imaxes en alta resolución, ten un tempo de resposta de só 5 ms, un brillo de 1.000:1, un ángulo de visión de 160º en vertical e horizontal (con tecnoloxía anti-reflexos BrightView), 2 altofalantes de 2 W cada un e un concentrador de portos USB, pero que destaca especialmente pola súa capacidade de rotación, de xeito que se pode dispor verticalmente.
O novo monitor inclúe unha aplicación informática que axusta automaticamente a pantalla do sistema operativo cando se rota o monitor, o que podería ser unha característica sumamente útil para deseñadores gráficos que estean a compor páxinas impresas nesta inmensa pantalla de 24 polgadas cunha proporción 16:10.

PUBLICIDADE