HP leva os seus ultraportátiles ao baixo custo
mércores, 29 de outubro do 2008Hewlett Packard
anima o Mercado dos ultraportátiles de baixo custo co seu novo HP
Mini 1000, non só conta cunha pantalla de 10,2 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles (inferior aos 1.280 x 768 do HP 2133, pero
por un prezo bastante máis axustado) e retroiluminada por LED, destacando
especialmente porque abandona os procesadores VIA e aposta polo recoñecido
Intel Atom N270 a 1,6 GHz.
Amais, o equipo se pode mercar cunha unidade SSD de 8 Gb ou 16 Gb ou cun disco
duro de 60 Gb (a 4.200 rpm). Se pode adquirir con entre 512 Mb e 2 Gb de RAM,
tamén deixa elixir entre Windows XP ou Ubuntu Linux, e ntres as súas opcións
tamén está a posibilidade de mercalo con Bluetooth 2.1. O seu prezo base é de 379 dólares.
Non lle faltan Wi-fi, saÃda VGA, lector de tarxetas SD, webcam, Ethernet nin
portos USB (2), e entre os detalles a destacar deste equipo estarÃa unha
revisión de Ubuntu
Linux cunha aparencia semellante á dos HP TouchSmart e que responderÃa
ao nome de MIE Operating System.