HP presenta un novo portátil que pode facer fronte ao MacBook actual
luns, 16 de maio do 2016
HP continúa a ampliar o seu catálogo de ordenadores
portátiles, e tras o éxito dos EliteBook 1020, que chegaron como
unha magnÃfica alternativa ao MacBook Air de Apple, amosan o que será o EliteBook
1030, un portátil con pantalla Full HD de 13,3 polgadas (con opción QHD+
táctil), procesador Intel Core M de sexta xeración (até un m7), até 16 GB de
RAM, até 512 GB de SSD, altofalantes Bang & Oulfsen, Wi-Fi AC, Bluetooth
4.2, lector de pegadas dixitais e 2 portos USB-C, que destaca polo seu deseño
sen ventilador e por unha autonomÃa de até 13 horas e 15 minutos (no modelo con
pantalla Full HD, quedando en só até 9 horas na versión con pantalla QHD+), de
xeito que estamos ante un equipo ideal para o seu uso en mobilidade.
Este equipo con coidado deseño aÃnda non sabemos cando chegará ao noso mercado,
pero polo momento xa anticipan que o seu prezo base nos EE.UU. será de 1.249
dólares (1.103 euros), polo que pode considerarse como unha alternativa ao MacBook, a un prezo bastante inferior e cunha pantalla dun
tamaño lixeiramente superior.
- O EliteBook 1030 diferénciase principalmente do MacBook por ter unha pantalla un chisco maior e optar por non limitarse a un único porto USB-C