HP presenta un ordenador todo-en-un que integra escáner 3D e proxector
mércores, 29 de outubro do 2014
HP presentou hoxe un novo equipo todo-en-un realmente impresionante, o Sprout, que pretende ser unha ferramenta para
a creatividade do usuario que sorprende por ofrecer unha experiencia de uso sen
precedentes. Para comezar o Sprout non só ten unha pantalla táctil Full HD de
23 polgadas, senón que sobre a mesma integra un proxector (HP Iluminator) que
presenta imaxes sobre un panel táctil de 20 polgadas (coñecido como HP Touch
Mat) que se colocan onde normalmente terÃamos un teclado tradicional. Temos asÃ
unha experiencia semellante á de empregar dúas pantallas táctiles, facendo unha
das mesmas de rato e teclado.
Pero a curiosa interface de uso non é o único no que destaca este novo equipo
informático, senón que no HP Iluminator tamén integra lámpada LED de
escritorio, un escáner 3D e unha cámara de 14,6 MpÃxeles, de xeito que pode
rexistrar obxectos do mundo real en poucos minutos, para poder empregalos rapidamente
para interactuar e crear.
Cómpre destacar que non estamos precisamente ante un equipo de modestas
prestacións, senón que este ordenador funciona cun procesador Intel Core i7
4790S de cuarta xeración, con 8 Gb de RAM (ampliable até 16 Gb), 1 Tb de disco
duro (acelerado mediante unha caché flash de 8 Gb), gráfica nVIDIA GeForce GT
745A con 2 Gb de memoria dedicada, Gigabit Ethernet, Bluetooth 4.0, Wi-Fi N, 2
portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0, lector de tarxetas de memoria 3-en-1, son DTS
(con 4 altofalantes frontais con subwoofer) e webcam de 1 MpÃxel, que incluso
conta cun stylus Adonit Jot Pro, caracterÃsticas que xunto co HP Iluminator e a
HP Touch Mat parecen xustificar os 1.899,99
dólares aos que sairá este equipo ao mercado o vindeiro 9 de novembro.
VÃdeo promocional de Sprout
HP prepara un novo sistema de impresión 3D
Pero o Sprout non era o único produto revolucionario que HP presentaba
hoxe, e o potencial deste equipo para a creación de modelados tridimensionais tampouco
é casualidade, xa que HP desvelou que está a traballar nunha nova tecnoloxÃa
chamada multi-jet fusion que prevé
chegar ao mercado en 2016 e que suporá un grande salto na impresión 3D ao
conseguir reducir a fenda entre velocidade, calidade e custo que en actualmente
esta tecnoloxÃa.
Esta nova tecnoloxÃa baséase na actual tecnoloxÃa térmica de inxección de tinta
de HP, conseguindo imprimir obxectos 10 veces máis rápido que as impresoras
actuais; que ao poder aplicar múltiples axentes lÃquidos á vez consegue unha precisión,
unha resistencia e unha calidade moi superior; consegue un nivel de precisión e
detalle que pretende facer posible a fabricación de pezas funcionais dun xeito
máis fiable que as tecnoloxÃas actuais; e incluso procura unifica re integrar
varios pasos do proceso de impresión 3D para reducir tempo, custo, consumo
enerxético e refugallos, facendo a impresión 3D máis económica.
- A tecnoloxÃa de impresión 3D que está a desenvolver HP conseguirá uns niveis de precisión e detalle sen precedentes