HP publica na súa web un vídeo sobre o superordenador galego Finis Terrae

venres, 3 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Finis Terrae, o superordenador do Centro de Supercomputación de Galicia, que xa acadou importantes logros na resolución de problemas, aparece nun vídeo na web de HP na que se relata como diferentes grupos de investigación fan uso do supercomputador coa meirande memoria compartida de Europa para simulacións en Radioterapia Oncolóxica e Radiofísica (na que participan grupos da Universidade de Santiago de Compostela e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago xunto con técnicos do CESGA) ou as predicións e estudos meteorolóxicos que realiza Meteogalicia.
Dende HP destacan que o equipo está baseado nunha plataforma que agrupo 143 servidores HP Integrity e un sistema HP StorageWorlks SFS con 390 Tb de capacidade, todo operando baixo SUSE Linux.


Reportaxe publicada por HP na súa páxina web

PUBLICIDADE