HTC Lancaster, novo móbil con Android

luns, 25 de maio do 2009 Marcus Fernández

A familia de móviles de HTC co sistema operativo Android está en aumento, e agora filtráronse imaxes do que será o HTC Lancaster, un terminal que lanzará nos EE.UU. a operadora AT&T e que sairía á venda o vindeiro 3 de agosto. Contará cunha pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles, con conectividade HSDPA/HSUPA, Wi-Fi e Bluetooth 2.0, A-GPS, cámara de 3 Mpíxeles, reprodución multimedia (MP3, MIDI, MPEG-4, H.263 e H.264), lector de tarxetas microSD, teclado físico QWERTY, cliente de correo electrónico e de mensaxería instantánea, unhas dimensións de 109 x 54 x 17,1 milímetros e un peso de 110 gramos.
Resulta difícil distinguir este terminal do HTC Dream (que en España vende en exclusiva Telefónica), xa que conta practicamente coas mesmas características, distinguíndose principalmente pola súa estética, que cando está pechado lembra ao HTC Magic.

PUBLICIDADE