HTC Snap, novo smartphone para profesionais
venres, 3 de abril do 2009
Nos últimos meses
HTC tennos afeitos a terminais telefónicos con pantalla táctil, pero tamén
teñen móbiles con Windows Mobile 6.1 orientados ao usuario máis profesional, e
como exemplo teñen o novo HTC Snap, que
en 11,7 x 6,1 x 1,2 centÃmetros e 120 gramos encerra un móbil sinxelo e rápido,
cun formato moi semellante a algúns modelos de BlackBerry (utilizando incluso
unha bola para a navegación polos seus menús).
O terminal conta cun teclado QWERTY, pantalla con retroiluminación LED de 2,4
polgadas cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles, cámara de 2 MpÃxeles, lector de
memorias SDHC (compatible con microSD) de ata 16 Gb, A-GPS, conectividade
HSDPA, Bluetooth e Wi-Fi.
Conta cunha autonomÃa de ata 480 horas en espera e 510 minutos en conversa e chegará
ás tendas no segundo trimestre do ano, descoñecéndose polo momento o seu prezo
oficial.