HTC aposta pola autonomía no seu novo smartphone

martes, 18 de abril do 2017 Marcus Fernández

HTC ten un novo smartphone no seu catálogo,, que para moitos resultará atractivo pola súa xenerosa batería de 4.000 mAh (que permitiría empregar o teléfono até preto de 2 días cunha única carga), pero que polo momento só pode adquirirse en Rusia por 19.990 rublos (336 euros). O HTC One X10, cunha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador Helio P10, 3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámara traseira de 16 Mpíxeles, cámara frontal de 8 Mpíxeles con grande angular e lector traseiro de pegadas dixitais deixa claro que é un gama media que cunha carcasa metálica integral pode presumir tamén de bo deseño, podendo converterse nunha grande opción para quen quere un smartphone de calidade e boa autonomía, pero non quere realizar o elevado investimento económico que esixen os terminais de alta gama.
Detallando máis especificacións o HTC One X10 conta con Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, HTC BoomSound e dobre SIM; o seu grosor é de só 8.23 milímetros e pesa 175 gramos.

O HTC One X10 conta con lector de pegadas dixitais na súa parte traseira
O corpo integral metálico, o seu bo acabado e o grosor de só 8,23 milímetros dotan ao HTC One X10 dunha liña moi elegante

PUBLICIDADE