HTC avanza no ámbito da realidade aumentada

venres, 21 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Dende HTC continúan a avanzar nos cascos de realidade virtual de alta gama, e mentres presentan novas versións das HTC Vive Cosmos VR (con distintos rangos de prezo) deixaron ver un produto máis prometedor: as lentes Proton. Estariamos ante un casco que integraría todos os seus elementos para operar de xeito autónomo o que dependería dunha unidade de procesamento externa (que sería a opción máis razoable para poder conectar o dispositivo mediante 5G) que buscarían mesturar tecnoloxías de realidade virtual e realidade aumentada para ofrecer experiencias na que obxectos virtuais poidan combinarse co noso contorno dun xeito realista.
Polo momento o proxecto Proton está nun estado pouco maduro, pero o feito de que estea a traballarse nunha versión autónoma e outra dependente de dispositivos externos deixa entrever que estamos ante un proxecto a longo prazo que estaría a posicionarse de cara a unha futura explosión da realidade aumentada cando esta tecnoloxía chegue a un nivel de madurez que permita experiencias enriquecedoras a un prezo asumible.

Un dos modelos de Proton integra a unidade de procesamente que fai que as lentes operen como un casco autónomo.

PUBLICIDADE