HTC denuncia a Apple por infrinxir 5 patentes

xoves, 13 de maio do 2010

Hai un par de meses Apple denunciou a HTC por violación de 20 patentes, pero dende o fabricante taiwanés non estiveron quietos e decidiron reaccionar denunciando tamén a Apple por infrinxir 5 patentes relativas á súa tecnoloxía móbil e pedindo ao Comité Internacional de Comercio que impida a importación e venda do iPad, o iPod e o iPhone nos EE.UU.
Con este movemento contribúese a enredar a guerra de patentes sobre tecnoloxías móbiles na que tamén están involucradas Nokia, Kodak e moitos outros fabricantes.

PUBLICIDADE