Half-Life 3 poderÃa ser o xogo de lanzamento da Steam Machine
martes, 16 de decembro do 2025
Hai pouco máis dun mes Valve anunciou que a primeiros de 2026 tiña previsto pór á venda tres novos produtos de hardware, entre os que destacaba a Steam Machine. Falamos dun ordenador compacto (cun cubo duns 16 centÃmetros de lado), cun bo rendemento para videoxogos, e un formato discreto que permitirÃa que incluso se puidese colocar nun salón doméstico do mesmo xeito que unha consola de videoxogos.
Estamos ante un produto moi interesante, no que existe o consenso de que o seu éxito dependerá principalmente dun factor: o prezo. E precisamente ese elemento está a converterse nun grande problema, xa que nas últimas semanas disparouse o prezo das memorias RAM por mor da alta demanda provocada pola emerxencia da intelixencia artificial.
Segundo comentan no podcast Insider Gaming Weekly (baseándose en diversas fontes da industria), dende Valve teñen problemas para poder pechar a configuración final e o prezo da Steam Machine, de aà que non estean a dar máis información sobre este lanzamento previsto para primavera de 2026. Pero do que si parecen bastante convencidos é da intención de que o novo hardware queira conseguir visibilidade asociándoo a un lanzamento histórico: o do xogo Half-Life 3.
Lembremos que Half-Life 2 chegou ao mercado en 2004, sendo considerado como un dos mellores xogos da súa década, e converténdose nun meme a súa secuela, da que nunca houbo confirmación do seu desenvolvemento. AÃnda que agora parece que estamos ante unha certeza, e 2026 será o ano no que teremos un novo episodio de Half-Life, franquÃa que soubo manterse viva nos últimos anos cun xogo para realidade virtual, unha versión restaurada da primeira entrega e mesmo unha adaptación de Half-Life 2 para tirar proveito das gráficas RTX.
Podcast no que comentan que Half-Life 3 poderÃa saÃr simultaneamente coa Steam Machine
