Halo 3: Recon será un xogo completo

venres, 10 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Cando na pasada edición do E3 Microsoft anunciou só como grande novidade o sorprendente lanzamento de Final Fantasy XII para a Xbox 360, dende a prensa especializada se comentaba que dende Redmond tiñan unha carta agochada na manga, e que decidiran gardala ante a pouca forza que estaban a ter os anuncios para a PS3 de Sony. Finalmente, co gallo do Tokyo Game Show se presenta o produto que se agardaba o pasado verán, Halo 3: Recon, título que non será unha expansión de Halo 3, nin moito menos unha actualización descargable a través de Xbox LIVE (como se viña rumoreando) senón que se trata dun xogo completo no que o xogador se meterá dentro dun Orbital Drop Shock Trooper, ou sexa, un guerreiro menos poderoso que Spartan, o Xefe Maestro da saga Halo, o que precisaría dun pouco máis de coidado neste título que continuará a ser un shooter que incluirá modo multixogador, gravación de combates, Forxa e modo cooperativo a 4 xogadores.
Polo momento pouco se coñece sobre a data de lanzamento deste xogo, pero xa se adiantou o que será o deseño da súa caixa, para deixar claro de que se tratará dun produto que chegará en soporte físico ás tendas.

PUBLICIDADE