Halo 4 contará con novos mapas a semana que vén
mércores, 20 de febreiro do 2013
Larry Hryb, o Major Nelson de Xbox LIVE, anunciou
que o luns que vén estrearán o Majestic
Map Pack para Halo 4, de
xeito que os seareiros da última entrega de Halo
desenvolvida por 343 Industries poderán ampliar a súa experiencia de xogo a
través dun conxunto de contidos descargables desenvolvidos por Certain Affinity
e que 3 mapas completamente novos pensados para o combate competitivo en
pequenos equipos e modos abertos: Landfall, Monolith e Skyline. Este contido
descargable poderá adquirirse por 800 Microsoft Points (uns 9,6 euros).
En Landfall teremos unha enorme cidade destruÃda pola guerra; Monolith será un
mapa ambientado nun monumento á deriva nun cinto de asteroides; e Skyline
sitúase nos tellados dunha nova base espacial. A maiores destes mapas tamén se
inclúe un novo tipo de xogo, Infinite
Rumble, que temporalmente será exclusivo de usuario que merquen este lote
de mapas e que engade novos xiros á experiencia de xogo.
VÃdeo de presentación do novo lote de mapas para Halo 4