Halo Infinite chegará acompañado por distinto hardware
mércores, 25 de agosto do 2021
Dende Microsoft quixeron aproveitar a celebración da
Gamescom para dar conta de novidades ao redor dun dos seus grandes lanzamentos
deste ano, o agardado Halo Infinite, do
que por fin desvelouse que verá a luz o 8 de decembro, pero que finalmente non
será o único produto da franquÃa nos vindeiros meses, xa que anunciaron que conmemorando
o 20º aniversario de Halo o 15 de novembro porán á venda dous produtos
de edición limitada: unha consola Xbox Series X e un mando Elite Series 2.
Dado que a Xbox Series X é un produto moi complicado de conseguir pola falta de
existencias nas tendas, podemos entender que o
lote de edición limitada cunha Xbox Series X cunha estética inspirada en Halo
Infinite ao igual que o seu mando, e o xogo Halo Infinite incluÃdo,
será todo un obxecto de desexo pese ao seu prezo de 549,99 euros.
Para os xogadores máis esixentes tamén estará dispoñible por 199,99 euros un mando
sen fÃos Xbox Elite Series 2 de Halo Infinite, que coa súa estética
inspirada na armadura do Xefe Mestre e as numerosas opcións de personalización
que ofrecen os mandos Elite será un produto bastante desexado, para o que é
posible efectuar actualmente a reserva, polo que non deberÃa de ser difÃcil de
conseguir (probablemente polo disuasorio que resulta o seu prezo).
Na mesma liña do mando Elite, haberá
outros produtos que chegarán cunha estética inspirada na armadura do Xefe
Mestre, como uns auriculares Razer Kaira Pro e discos duros externos de
Seagate de até 5 TB de capacidade.
VÃdeo promocional da Xbox Series X inspirada en Halo Infinite
VÃdeo de presentación do mando Elite Series 2 para Xbox inspirado en Halo Infinite