Halo: Reach sairá en setembro
martes, 25 de maio do 2010
Despois de que a beta multixogador de Halo:
Reach xuntase a máis de 2,7 millóns de xogadores segundo datos oficiais
achegados por Bungie, compañÃa que admite que superaron as súas expectativas
(pois a beta de Halo 3 contara con
800.000 usuarios, o que xa era unha cantidade impresionante e estimaban que o
xogo no que publicaban a chave de acceso á nova beta, Halo: ODST só vendera un par de millóns de copias), e aproveita a
ocasión para anunciar que a
data de lanzamento de Halo: Reach
queda fixada para o vindeiro 14 de setembro.
Cómpre lembrar que este xogo será o derradeiro que desenvolverá Bungie baixo o
amparo de Microsoft (compañÃa propietaria da franquÃa Halo), pois pecharon un acordo de distribución a longo prazo con
Activision, polo que é de agardar que nos vindeiros meses inicien novos e interesantes
proxectos.