Halo: The Master Chief Collection ve a luz estreando a beta do multi-xogador de Halo 5: Guardians

martes, 11 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Hoxe saíu á venda o agardado Halo: The Master Chief Collection, un lote de xogos para Xbox One que permite rememorar as principais entregas da saga Halo, incluíndo Halo: Combat Evolved Annnivesary, Halo 3 e Halo 4, xunto cunha moi coidada remasterización de Halo 2: Anniversary. Pero este paquete tamén inclúe outros contidos que están a captar moito interese, como o acceso á serie dixital Halo: Nightfall (que conta con Ridley Scott na produción executiva) e moi especialmente á beta do modo multi-xogador de Halo 5: Guardians.

O adianto do multi-xogador de Halo 5: Guardians é un dos principais incentidos de Halo: The Master Chief Collection

Dado que os xogos completos incluídos no lote xa era de sobra coñecidos, é precisamente o multi-xogador de Halo 5: Guardians o que está a acaparar a atención con este lanzamento, e aínda que está nunha fase pouco madura, os seareiros da franquía agradecen este adianto a preto dun ano do lanzamento da vindeira grande entrega de Halo.
Polo momento o futuro xogo xa destaca por dotar aos spartans dunha mobilidade moi superior, con novos movementos (stabilizer, ground pound, clamber, thruster, spartan charge e slide) que dotarán á acción dunha meirande fluidez e dinamismo, atendendo así ás novas demandas dos usuarios.
Os desenvolvedores da beta tamén deixaron claro que este adianto non funciona coa resolución final do xogo, pois limítase a 60 imaxes por segundo a 720p, como unha aposta pola xogabilidade, agardándose que a resolución poida incrementarse nos vindeiros meses.


Reportaxe sobre a beta do multixogador de Halo 5: Guardians


Trailer de lanzamento de Halo: The Master Chief Collection

PUBLICIDADE