O xogo de cartas coleccionables de moda, Hearthstone: Heroes of Warcraft, está a dar un paso de xigante, xa que despois de consolidarse en PC, Mac e iPad chega agora a tablets con Android, estando xa dispoñible en Google Play para a súa descarga de balde, o que ampliará de xeito moi significativo a súa base de usuarios, especialmente ante a campaña de Nadal que está por chegar.
Os usuarios que proben Heartstone nas súas tabletas recibirán un lote de cartas clásicas de balde tras completar a súa primeira partida, que poderán empregarse nos modos Xogar, Arena e Práctica, compartíndose a colección de cartas e o progreso no xogo noutros dispositivos cos que se acceda á conta de usuario do xogo.
Polo momento a versión de Heartstone para Android está limitada a tabletas con pantalla de 6 polgadas ou máis, e dende Blizzard procurarán coidar a compatibilidade cun amplo número de dispositivos, facendo que cada vez sexa máis doado poder gozar deste fenómeno baseado no universo de Warcraft.
Trailer do xogo
Hearthstone estrea versión para tabletas Android
Compartir Este Artigo
