Helldivers 2 non esixirá contas de PlayStation Network para xogar en PC
luns, 6 de maio do 2024
A primeiros de febreiro Arrowhead Game Studios publicou para PlayStation 5 e PC (Steam) o xogo Helldivers 2, un shooter en terceira persoa que converteuse en todo un fenómeno, congregando a numerosos usuarios de todo o mundo grazas en grande medida a que estamos ante un tÃtulo que permite o xogo cruzado, polo que poder formar equipos dende varias plataformas xogou un rol decisivo neste éxito.
Pero nos últimos dÃas a comunidade de usuarios entrou en cólera ao saber que os usuarios do tÃtulo na súa versión para PC terÃan que ligar a súa conta de usuario de Steam a unha conta de usuario de PlayStation Network, xa que estamos ante un tÃtulo editado por Sony Interactive Entertainment (PlayStation Studios).
Os novos xogadores de Helldivers 2 deberÃan ter que ligar as súas contas a partir de hoxe, mentres que os que xa estean xogando terÃan de prazo até o 4 de xuño, medida moi impopular por diversos motivos (como o feito de que nalgúns territorios non están dispoñibles as contas de PlayStation Network), provocando solicitudes de devolución dos cartos pola compra do xogo en Steam e máis de 200 mil crÃticas negativas en Steam, de xeito que un dos xogos do momento está a transmitir a impresión de ser malo por unha polÃtica opaca por parte dos responsables do xogo, que agocharon un requisito durante o lanzamento, para desvelalo só cando xa tiñan unha boa base de usuarios, o que considerouse como unha traizón aos xogadores.
Tal foi a situación que dende PlayStation veñen de lanzar un comunicado asegurando que non aplicarán a nova polÃtica, de xeito que non será imperativo identificarse cunha conta de PlayStation Network para gozar de Helldivers 2 en PC, aÃnda que agardar ao último momento para tal anuncio non foi moi intelixente, xa que o dano á reputación do xogo xa está feito, e pode ter consecuencias a longo prazo, xa que en futuros xogos de PlayStation Studios para PC que teñen compoñente en liña o público pode desconfiar, dificultando conseguir éxitos explosivos como o deste traballo de Arrowhead.